"Eu só pisei na pía e non houbo do meu pobo quen estivese comigo. Si, piseinos coa miña ira e esmagueinos coa miña furia. E o zume deles salpicou as miñas roupas e lixou todos os meus vestidos.
Apagaron a furia do lume, escaparon ó fío da espada, repuxéronse de doenzas, foron valentes na guerra e fixeron recuar as filas dos exércitos estranxeiros;
E dixeron os homes de Xudá: —"Por que subistes contra nós?" E responderon eles: —"Subimos para prender a Sansón e facer con el o mesmo que el fixo connosco".
E baixaron tres mil homes de Xudá á fenda da Rocha de Etam, e dixeron a Sansón: —"E logo ti non sabes que os filisteos domean sobre nós? Como entón nos fixeches isto?" E respondeu el: —"Segundo me fixeron eles, así lles fixen eu.