Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 15:5 - Biblia SEPT

5 E prendeu lume nos fachos e guindou as raposas contra os cereais dos filisteos, de xeito que queimou desde os palleiros ata as colleitas, e mesmo as vides e as oliveiras.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 15:5
5 Iomraidhean Croise  

Entón díxolles Abxalom ós seus criados: —"Sabedes do eido que ten Ioab ó pé do meu, sementado de orxo. Ide e póndelle lume". E os criados de Abxalom queimaron o eido de Ioab.


Cando alguén poña en depósito diñeiro ou alfaias onda outro e rouben os bens da casa deste, se aparece o ladrón, este pagará o dobre.


Pero o sétimo deixarala en barbeito, para que poidan comer os pobres do teu pobo e pazan do que lles sobre os animais do monte. Farás o mesmo coa túa viña e coas túas oliveiras.


E foi Sansón e pillou trescentas raposas, e, collendo uns fachos, amarrou os rabos daquelas e puxo un facho no medio de cada dous rabos.


E preguntaron os filisteos: —"Quen fixo isto?" E responderon: —"Sansón, o xenro do timnita, porque este colleu a muller del e deulla a un amigo". Entón subiron os filisteos e prendéronlle lume a ela e mais a seu pai.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan