Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 15:4 - Biblia SEPT

4 E foi Sansón e pillou trescentas raposas, e, collendo uns fachos, amarrou os rabos daquelas e puxo un facho no medio de cada dous rabos.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 15:4
8 Iomraidhean Croise  

Entón díxolles Abxalom ós seus criados: —"Sabedes do eido que ten Ioab ó pé do meu, sementado de orxo. Ide e póndelle lume". E os criados de Abxalom queimaron o eido de Ioab.


Os que queren a miña ruína baixarán ó profundo da terra;


Coma tolo que dispara fachicos, frechas e morte,


Aferrádenos as raposas, as raposas pequeniñas que nos estragan as viñas, nosas viñas a agromar!


Haslle dicir: Atento: ten moita calma, non teñas medo e que o teu corazón non se afrouxe por eses dos dous tizóns que fumegan: a rabia de Resín de Aram e do fillo de Remalías.


Sobre o monte Sión produciuse devastación, as raposas camiñan por el.


E dixo Sansón: —"Desta vez quedarei por inocente verbo dos filisteos, aínda que lles faga mal".


E prendeu lume nos fachos e guindou as raposas contra os cereais dos filisteos, de xeito que queimou desde os palleiros ata as colleitas, e mesmo as vides e as oliveiras.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan