2 e dixo: —"Cheguei ó convencemento de que lle colleras odio e deilla ó teu amigo. Oes!, e logo súa irmá a máis nova non está mellor ca ela? Cóllea para ti no sitio da outra!"
Ela quitou a roupa de viúva, cubriu a cara cun veo e, disfrazada, púxose na encrucillada que hai no camiño de Timnah, en Enaim. Pois vía que Xelah medraba, e Xudá non a casaba con el.
E a muller de Sansón botou a chorar diante del e dixo: —"Ti soamente me tes odio, non me queres: puxécheslles unha adiviña ós fillos do meu pobo, e a min non ma desvelaches". E respondeulle el: —"Velaquí que nin a meu pai nin a miña nai llela desvelei, e heicha de desvelar a ti?"