Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 14:4 - Biblia SEPT

4 (Seu pai e mais súa nai ignoraban que iso viña de Deus, que buscaba un motivo contra os filisteos, pois naquel tempo os filisteos dominaban en Israel).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 14:4
14 Iomraidhean Croise  

O rei non fixo caso dos desexos do pobo, e esa foi a ocasión buscada polo Señor, para que se confirmase a palabra que o Señor tiña dito a Ieroboam, fillo de Nabat, por Ahías de Xiloh.


Isto di o Señor: non vaiades facer a guerra ós vosos irmáns os israelitas. Que cada un volva para a súa casa, pois isto que pasa é cousa miña". Eles obedeceron a palabra do Señor e, de acordo con ela, foi cada un para a súa casa.


Aínda estaba el falando con eles, cando chegou o rei e dixo: —"Esta desgraza mandouna o Señor. Que podemos aínda esperar del?".


De maneira que o rei non fixo caso ó pobo, porque era unha ocasión buscada polo Señor para que se cumprise a palabra do Señor que Ahías, o de Xiloh, comunicou a Ieroboam, fillo de Nabat.


Con esta visita o Señor provocou a ruína de Ocozías. Durante a súa estancia, saíu con Ioram ó encontro de Iehú, fillo de Nimxí, a quen unxira o Señor para exterminar a dinastía de Ahab


Pero Amasías non fixo caso, porque Deus quería entregalo nas mans de Ioax por servir os deuses de Edom.


O noso Deus está no ceo e fai todo canto se propón.


servirás os teus inimigos, onde o Señor te envíe —na fame, na sede, na nudez e na privación de todo—, e El porache un xugo de ferro no teu pescozo, ata acabar contigo.


pois era cousa do Señor, que fixo endurecer os seus corazóns, de xeito que declarasen a guerra a Israel e fosen exterminados sen compaixón e aniquilados, como mandara o Señor a Moisés.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e púxoos Iavé nas mans dos filisteos durante corenta anos.


E baixou Sansón con seu pai e súa nai a Tímnah e chegaron ata as viñas de Tímnah e velaquí que unha cría de león saíu ruxindo ó seu encontro.


E baixaron tres mil homes de Xudá á fenda da Rocha de Etam, e dixeron a Sansón: —"E logo ti non sabes que os filisteos domean sobre nós? Como entón nos fixeches isto?" E respondeu el: —"Segundo me fixeron eles, así lles fixen eu.


E dixo Sansón: —"Desta vez quedarei por inocente verbo dos filisteos, aínda que lles faga mal".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan