Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 14:3 - Biblia SEPT

3 E dixéronlle seu pai e mais a sua nai: —"E logo non terás entre as fillas de teus irmáns e entre todo o teu pobo unha muller para que vaias escoller esposa entre os incircuncisos filisteos?" E respondeu Sansón a seu pai: —"Pedídeme esa para min, pois é ela a que me gusta".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 14:3
15 Iomraidhean Croise  

Abram díxolle entón a Lot: —"Que non haxa liortas entre nós e entre os nosos pastores, pois nós somos irmáns.


Abraham colleu ovellas e vacas, e deullas a Abimélec. E concordaron un pacto entre os dous.


—"Non podemos facer iso de dar a nosa irmá a un home non circuncidado. Sería para nós unha baixeza, cousa deshonrosa.


Non o contedes en Gat, non o pregoedes nas rúas de Axquelón, para que non se aleden as fillas dos filisteos, para que non rebulden as fillas dos incircuncisos.


pois se arredar vos arredades del e vos achegades ó resto daqueles pobos xentís que quedaron entre vós, e casades con xente deles e andades con eles e eles convosco,


e subiu e contóullelo a seu pai e a súa nai deste xeito: —"Vin en Tímnah unha muller das fillas dos filisteos; pedídema para min e que sexa miña muller".


E tivo sede de abondo, e clamou polo Señor, dicindo: —"Ti puxeches nas mans do teu servo esta gran vitoria. E agora vou morrer de sede, e caer nas mans dos incircuncisos?"


Ionatán díxolle ó seu escudeiro: —"Ven, acheguémonos ó posto deses incircuncisos. Quizais faga o Señor algo por nós, pois a el nada lle impide dar a vitoria, o mesmo ós moitos coma ós poucos".


David preguntoulles ós homes que estaban alí onda el: —"Que lle darán a quen mate a ese filisteo e tire esa aldraxe de Israel? E quen é ese filisteo incircunciso, que ousa insultar as hostes do Deus vivo?"


O teu servo ten matado tanto leóns coma osos. Ese filisteo incircunciso será coma outro deles, por desafiar as hostes do Deus vivo".


Xaúl díxolle entón ó escudeiro: —"Saca a túa espada e atravésame con ela, primeiro de que cheguen eses incircuncisos, me atravesen eles e fagan escarnio de min". Pero o escudeiro non quixo atravesalo, pois estaba morto de medo. Entón colleu Xaúl a súa espada e deixouse caer por riba dela.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan