2 e subiu e contóullelo a seu pai e a súa nai deste xeito: —"Vin en Tímnah unha muller das fillas dos filisteos; pedídema para min e que sexa miña muller".
Ioax, rei de Israel, respondeulle a Amasías, rei de Xudá: —"O espiñeiro de Líbano mandou dicir ó cedro de Líbano: dáme a túa filla por muller para o meu fillo; mais pasaron as feras do Líbano e esmagaron o espiñeiro.
Casade e tende fillos e fillas, tratade de casar ós vosos fillos e ás vosas fillas, para que vos dean netos e netas; multiplicádevos aí, e non minguedes.
E dixéronlle seu pai e mais a sua nai: —"E logo non terás entre as fillas de teus irmáns e entre todo o teu pobo unha muller para que vaias escoller esposa entre os incircuncisos filisteos?" E respondeu Sansón a seu pai: —"Pedídeme esa para min, pois é ela a que me gusta".