6 E foi a muller e díxolle a seu marido: —"Un home de Deus veu onda min e a súa semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era nin el me manifestou o seu nome.
Entón dixo Eliseo: —"Chama por ela". El chamouna, e ela presentouse onda a porta. Eliseo anuncioulle: —"O ano que vén, por estas datas, terás un fillo no colo". Ela dixo: —"Non, meu señor. Non enganes a túa serva, home de Deus".
Achegáronse os fillos de Israel a Xosué en Guilgal, e díxolle Caleb, fillo de Iefuneh, o quenizeo: —"Ti ben sabes o que lle prometeu o Señor a Moisés, o home de Deus, verbo de min e mais de ti, en Cadex—Barnea.
E díxome: Velaquí que concibirás e parirás un fillo. E agora non bebas viño nin bebidas fermentadas, e non comas nada impuro, pois o neno será nazir de Deus desde o ventre ata o día da súa morte".
E suplicou Manóah a Iavé deste xeito: —"Rógoche, meu Señor, que volva onda nós o home de Deus que enviaches e nos mostre o que temos que facer co neno cando naza".
E chegou un anxo do Señor e sentouse debaixo da aciñeira que hai en Ofrah, que é de Ioax o de Abiezer; e Guideón —o seu fillo—, estaba batendo o gran de trigo no lagar, ás escondidas dos madianitas.
Un home de Deus chegou onda Elí para anunciarlle: —"Isto di o Señor: Non me revelei eu á familia do teu pai, cando estaban aínda en Exipto, escravos do faraón?
O criado respondeulle: —"Xustamente nesta cidade hai un home de Deus de moito creto. Todo o que anuncia acontece. Vamos alí onda el. O mellor dános razón do que estamos buscando".