Entón dixo Eliseo: —"Chama por ela". El chamouna, e ela presentouse onda a porta. Eliseo anuncioulle: —"O ano que vén, por estas datas, terás un fillo no colo". Ela dixo: —"Non, meu señor. Non enganes a túa serva, home de Deus".
E foi a muller e díxolle a seu marido: —"Un home de Deus veu onda min e a súa semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era nin el me manifestou o seu nome.
E suplicou Manóah a Iavé deste xeito: —"Rógoche, meu Señor, que volva onda nós o home de Deus que enviaches e nos mostre o que temos que facer co neno cando naza".
E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.