11 Entón Manóah ergueuse e foi detrás de súa muller e chegou a carón do home e díxolle: —"Logo ti es o home que lle falou a esta muller?" E respondeulle el: —"Si, son eu".
Aconteceu que, estando Xosué en Xericó, ergueu os ollos e veu un home ergueito diante del, coa espada desenvaiñada na súa man. Xosué achegóuselle e díxolle: —"Ti es dos nosos, ou do inimigo?"
E suplicou Manóah a Iavé deste xeito: —"Rógoche, meu Señor, que volva onda nós o home de Deus que enviaches e nos mostre o que temos que facer co neno cando naza".