Poderá cambiar a súa pel o etíope? O leopardo poderá cambiar a súa pelaxe pintada? O mesmo vós, seredes capaces de obrar ben, estando afeitos á ruindade?
E que máis queredes que diga? Non me chegaría o tempo, se me puxese a falar de Guideón, de Barac, de Sansón, de Iefté, de David, de Samuel e dos profetas.
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.
(Seu pai e mais súa nai ignoraban que iso viña de Deus, que buscaba un motivo contra os filisteos, pois naquel tempo os filisteos dominaban en Israel).
E baixaron tres mil homes de Xudá á fenda da Rocha de Etam, e dixeron a Sansón: —"E logo ti non sabes que os filisteos domean sobre nós? Como entón nos fixeches isto?" E respondeu el: —"Segundo me fixeron eles, así lles fixen eu.
Eles esquecéronse logo do Señor, o seu Deus, e El vendeunos a Sísera, xeneral do exército de Hasor, e entregounos na man dos filisteos e do rei de Moab, que lles fixeron a guerra.