Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 12:6 - Biblia SEPT

6 Daquela dicíanlle: —"Fai favor de repetir Xibbólet. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)". Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 12:6
12 Iomraidhean Croise  

Sácame da lama e que non afogue, líbrame dos que me aborrecen e das augas sen fondo.


Sálvame, Deus, que me chegan as augas ó pescozo;


Encetar un preito é coma ceibar a auga: retírate antes que comece o proceso.


Irmán ofendido péchase máis ca unha fortaleza, e as liortas son ferrollos de castelo.


"As verbas da boca do Sabio son axeitadas, os labios do Tolo son os que o perden";


Sucederá no día aquel que o Señor empezará a dar paus desde o curso do Éufrates ata o regato de Exipto, e vós seredes reunidos un por un, fillos de Israel.


El, coñecendo os seus pensamentos, díxolles: Todo reino dividido contra si mesmo fica asolado; nin pode manterse en pé unha cidade ou unha familia dividida contra si mesma.


De alí a un pouco achegáronse os presentes, dicíndolle a Pedro: Si, ti tamén es deles; descóbrete a túa mesma fala.


E de novo el volveu negalo. Pero de alí a pouco tamén os presentes empezaron a dicirlle: Si, ti es un deles, que es galileo.


Pero, se vos mordedes e devorades, levade tento de non acabardes uns cos outros.


E ocupou Galaad os baixíos do Xordán de diante de Efraím e aconteceu que, cando dicía un dos fuxitivos de Efraím "déixame pasar", preguntábanlle os homes de Galaad: —"Ti es efraimita". E respondía: —"Non".


E xulgou Iefté a Israel seis anos; e morreu Iefté o galaadita e sepultárono na vila de Galaad. Ibsán, Elón e Abdón


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan