Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 12:1 - Biblia SEPT

1 E confabuláronse os homes de Efraím e pasaron o río cara a Safón, e dixéronlle a Iefté: —"Por que fuches batallar contra os fillos de Amón e non nos convocaches para irmos contigo? Ímoslle prender lume á túa casa contigo dentro".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 12:1
14 Iomraidhean Croise  

En pago do meu amor eles acúsanme, mentres eu estou rezando.


Teño observado que o traballo todo e toda empresa nace da competencia dos uns cos outros. Iso tamén é efémero e papar ventos:


Cando Efraím falaba, daba medo, era sublime en Israel; pero fíxose culpable con Baal, e mereceu morrer.


Se un reino está dividido en contra de si mesmo, non se pode manter en pé.


Xesús replicoulles: Moitas boas obras fixen diante de vós de parte do meu Pai. Por cal delas me apedrades?


Pois onde hai receos e liortas, dáse tamén alí o descontento e toda caste de ruindades.


que fosen as mozas de Israel laiarse todos os anos pola filla de Iefté o galaadita catro días cada ano.


E respondeulles Iefté: —"Tiven eu e mais o meu pobo unha gran loita contra os fillos de Amón e pedinvos axuda e non me salvastes das súas mans.


Mais no sétimo día, dixéronlle á muller de Sansón: —"Persuade a teu home de que nos desvele a adiviña; se non prenderémosche lume a ti e á casa de teu pai. Ou é que nos chamaches para nos espoliares? E logo non?"


E preguntaron os filisteos: —"Quen fixo isto?" E responderon: —"Sansón, o xenro do timnita, porque este colleu a muller del e deulla a un amigo". Entón subiron os filisteos e prendéronlle lume a ela e mais a seu pai.


E dixéronlle os homes de Efraím: —"Que é iso que nos fixeches, de non convocáresnos cando fuches á guerra contra os madianitas?" E queixáronse rexamente contra el.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan