Cando viron os amonitas que se fixeran aborrecibles para David, decidiron adquirir soldados a soldo: vinte mil soldados de a pé, dos arameos de Bet Rehob e dos arameos de Sobah, vinte mil homes do rei de Macah e doce mil homes de Tob.
Os amonitas saíron e formaron para o combate á entrada da cidade, mentres os arameos de Sobah e de Rehob e a xente de Tob e de Macah quedaba á parte no campo.
Non obstante, os xudeus, cheos de envexa, xuntando algúns pillabáns dos peoriños, armaron un rebumbio na cidade, e presentáronse en casa de Iasón en busca deles, para levalos diante do pobo.
E a muller de Galaad deulle outros fillos; e fixéronse grandes os fillos da súa muller, e botaron fóra a Iefté, dicíndolle: —"non herdarás na casa de noso pai, pois es fillo doutra muller".
O redor del xuntáronse xentes que estaban en apuros, homes cargados de débedas e desesperados da vida. David foi o seu xefe. Chegou a haber ó seu arredor coma catrocentos homes.