E chegaba Iefté a Mispah, á súa casa, cando súa filla saíu ó seu encontro con pandeiros e con danzas (e era ela a única filla, pois non tiña el máis fillos nin fillas).
Fóronse todos a Guilgal e coroaron rei a Xaúl, alí, na presenza do Señor. Ofrecéronlle ó Señor sacrificios de comuñón, e Xaúl e os israelitas celebraron alí unha gran festa.