Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 11:10 - Biblia SEPT

10 E dixeron os anciáns de Galaad a Iefté: —"O Señor sexa demandante contra nosoutros, se non facemos tal como dixeches".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 11:10
16 Iomraidhean Croise  

Entón díxolle Sarai a Abram: —"Esta inxuria recae sobre ti. Puxen a serva nos teus brazos e, embarazada, pérdeme o respecto. Que xulgue o Señor entre nós os dous".


Xúrame, pois, por Deus aquí mesmo que non nos enganarás, nin a min, nin ós meus fillos, nin ós meus descendentes, senón que coa consideración con que eu te tratei a ti, hasme tratar ti a min e a esta terra á que viñeches".


Se maltratas as miñas fillas e se tomas outras mulleres fóra delas, aínda que ninguén o vexa, Deus será testemuña entre nós".


O Deus de Abraham e o Deus de Nahor, Deus de nosos pais, xulgue entre nós". E Xacob xurou polo Padriño de Isaac seu pai.


Non pronunciarás en van o nome do Señor o teu Deus, pois o Señor non deixa sen castigo ó que pronuncia en van o seu nome.


Pola súa culpa cometeuse unha deshonra en Israel: cometeron adulterio coa muller do seu próximo e dixeron cousas falsas no meu Nome, cousas que eu non lles mandei. Quen o sabe e é testemuña son eu —é o Señor quen fala—".


E eles dixéronlle a Xeremías: —Que o Señor sirva de testemuña verdadeiro e fiel contra nós, se nós obramos conforme a todas as palabras que o Señor, o teu Deus, che comunique a ti para nós:


Escoitade, pobos todos; prestade atención, terra e o que a enche. O Señor Deus servirá de testemuña contra vós; o Señor, que virá do seu templo santo.


Fíxena saír —é o Señor dos Exércitos quen fala—, para que entre na casa do ladrón e na casa do que xura en falso polo meu nome para que quede dentro delas e se consuman as súas madeiras e as súas pedras".


Entón achegareime a vós para o proceso xudicial, e serei acusador aleuto contra os feiticeiros e contra os adúlteros, contra os que xuran en falso e contra os que abusan do pagamento do xornaleiro, da viúva e do orfo, e rebaixan os dereitos do emigrante. Pero non me teñen medo —fala o Señor dos Exércitos—.


Deus, a quen dou culto no fondo do meu corazón anunciando o Evanxeo do seu Fillo, sabe moi ben que eu me estou a lembrar acotío de vós


O Deus e Pai do noso Señor Xesús que é bendito polos séculos ben sabe que non minto.


Naquel momento deilles tamén estas normas ós vosos xuíces: Escoitade os litixios entre os vosos irmáns, e sentenciade conforme a xustiza os preitos entre un e o seu irmán, ou entre un e o estranxeiro que con el vive.


E dixo Iefté ós anciáns de Galaad: —"Se me facedes volver para loitar contra os fillos de Amón, e os pon o Señor nas miñas mans, entón serei eu o voso xefe".


El engadiu: —"Poño de testemuñas hoxe contra vós ó Señor e ó seu unxido, de que non atopastes na miña man cousa ningunha". Responderon eles: —"Sexan testemuñas".


Olla, meu pai, e mira aquí na miña man un anaco do teu manto. Se cortei un anaco do teu manto e non te matei, podes ver que nas miñas mans non hai traizón nin maldade. Eu non che faltei en nada e ti andas á caza da miña vida para quitarma.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan