Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 10:7 - Biblia SEPT

7 E acendeuse a ira do Señor contra Israel e entregounos nas mans dos filisteos e nas mans dos fillos de Amón,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 10:7
15 Iomraidhean Croise  

Entrégasnos, coma res de matadoiro, espállasnos entre todas as xentes.


Poema de Asaf. Por que, Deus, nos rexeitas? Será por sempre? Por que se inflama a túa ira coas ovellas do teu rabaño?


Así fala o Señor Deus: "Onde está esa acta de divorcio da vosa nai, a quen eu despedín? Quen dos meus prestamistas foi aquel a quen vos vendín? Polas vosas iniquidades fostes vendidos, polas vosas rebeldías foi despedida a vosa nai.


(Alef) Deus celoso e vingador é o Señor. O Señor víngase dos seus adversarios, El é quen se acende en ira contra os seus inimigos.


(Zain) Na presenza do seu enfado, quen se terá de pé? Si, quen se levantará ante a indignación do seu rostro? (Het) O seu furor esténdese coma o lume, os penedos esnaquízanse ante El.


que atribularon e oprimiron durante dezaoito anos a todos os fillos de Israel da outra banda do Xordán, na terra dos amorreos, que está en Galaad.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e púxoos Iavé nas mans dos filisteos durante corenta anos.


E alzouse a ira do Señor contra Israel, e púxoos nas mans de saqueadores, que os abateron, e entregounos nas mans dos inimigos do arredor, e xa non se puideron rexer diante dos seus adversarios.


e o Señor entregounos nas mans de Iabín, rei de Canaán, que reinou en Hasor, e que tiña de capitán do seu exército a Sísera, que vivía en Haróxet dos Xentís.


Fixeron o mal os fillos de Israel diante de Iavé, e púxoos o Señor nas mans de Madián durante sete anos;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan