Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 10:6 - Biblia SEPT

6 E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 10:6
32 Iomraidhean Croise  

Iso é porque me abandonaron a min e adoraron a Axtarté, deusa dos sidonios, a Kemox, deus de Moab, e a Malcom, deus dos amonitas, e non seguiron os meus camiños, facendo o que é xusto ós meus ollos, gardando coma seu pai David os meus mandatos e as miñas decisións.


Salomón deu culto a Axtarté, deusa dos sidonios, a Malcom, ídolo dos amonitas.


Daquela construíu Salomón, no monte que está enfronte de Xerusalén, un altar a Kemox, ídolo dos moabitas, e a Moloc, ídolo dos amonitas.


Como se fose pouco caer nos pecados de Ieroboam, fillo de Nabat, colleu por muller a Iezabel, filla de Etbaal, rei dos sidonios, e chegou a dar culto a Baal e prostrarse diante del.


Deixaron os mandamentos do Señor, seu Deus, e fixéronse ídolos de metal fundido, dous becerros e unha estela; axeonlláronse perante todo o exército dos astros e déronlle culto a Baal.


O rei profanou aínda os altares dos outeiros de enfronte de Xerusalén, ó sur do monte das Oliveiras, construídos por Salomón, rei de Israel, en honor de Axtarté, ídolo abominable dos sidonios, de Kemox, ídolo dos moabitas, e de Moloc, ídolo dos amonitas.


Ofreceu sacrificios ós deuses de Damasco que o derrotaran, pensando: —"Os deuses de Siria si que axudan ós seus reis. Ofrecereilles sacrificios para que me axuden a min". Pero foron a súa ruína e a de Israel.


Deron culto ós seus ídolos, caeron nas súas trampas.


Avergónzate Sidón, que fala o mar, o refuxio de Iam, nestes termos: "Non me retorcín de dor nin te dei eu á luz: nin criei fillos xa mozos, nin saquei adiante fillas mozas".


pois dúas maldades cometeu o meu pobo: deixoume a min, viveiro de auga vivificadora, polos pozos gretados que non reteñen a auga.


Fíxate: desde antigo rompiches o teu xugo e fixeches saltar as túas piogas, e dixeches: "nunca máis serei servo". Velaquí que sobre todo monte alto, e baixo toda árbore frondosa, ándaste agachando para dáreste á prostitución.


Entraron e tomaron posesión dela, pero non escoitaron a túa voz, nin seguiron as túas normas, non fixeron o que ti lles mandaras facer. Por isto fixeches que lles acontecese toda esta desgraza.


Aram era o teu mercador pola abundancia da túa produción; por granate, púrpura, fío, corais e rubís cambiaban parte da túa mercadoría.


E o tal profeta ou o tal soñador de soños ha de ser executado, pois predicou a rebelión contra o Señor, o voso Deus, que vos sacou do país de Exipto e que vos rescatou da escravitude; si, quíxote apartar do camiño polo que o Señor, o teu Deus, che mandara camiñar. Dese xeito farás desaparecer do medio de ti a maldade.


—trátese dos deuses dos pobos que vos rodean cerca de ti ou dos que están lonxe de ti desde un cabo de terra ao outro cabo da terra—,


Entón o Señor díxolle a Moisés: —"Olla que ti vas deitarte con teus pais, pero este pobo vaise levantar para prostituírse, indo detrás dos deuses dos estraños, os deuses do país onde vai entrar; vaime abandonar a min e quebrantar a Alianza que eu fixen con el.


E no día aquel a miña ira inflamarase contra el, e voume apartar deles e taparei para eles a miña cara. Entón o pobo será devorado, e moitas desgrazas e angustias virán sobre el. Dirá entón: Non virán sobre min estas desgrazas por non estar o meu Deus no medio de min?


Iexurún engordou, e logo couceou; engordaches, colliches graxas, puxécheste brillante, pero rexeitou ao Deus que o creou e deshonrou o Penedo da súa salvación.


E medio Galaad, Axtarot e Edrei, cidades do reino de Og, no Baxán, foron para os fillos de Maquir, fillo de Menaxés, ou máis ben para a metade dos fillos de Maquir, segundo as súas familias.


E morreu Iair e foi sepultado en Camón.


E logo non acadaches ti o que Kemox, o teu deus, che fixo posuír? Pois tamén nosoutros acadamos o que tiñamos diante, e que o Señor, o noso Deus, nos fixo posuír.


E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e púxoos Iavé nas mans dos filisteos durante corenta anos.


E os príncipes dos filisteos xuntáronse para ofreceren un gran sacrificio a Dagón, o seu deus, e para faceren festa. E dicían: —"O noso deus púxonos nas mans a Sansón, o noso inimigo".


E os fillos de Israel fixeron o mal diante do Señor, e esqueceron a Iavé, o seu Deus, e serviron ós baales e ás axtartés.


En morrendo Ehud, volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor,


Fixeron o mal os fillos de Israel diante de Iavé, e púxoos o Señor nas mans de Madián durante sete anos;


E aconteceu que, en morrendo Guideón, volveron ás andadas os fillos de Israel e prostituíronse detrás dos baales, e tiveron como deus a Baal—Berit.


Alí collérona, introducírona no santuario de Dagón e puxérona ó seu lado.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan