4 E tiña trinta fillos, que cabalgaban sobre trinta asnos e que eran os donos de trinta cidades, nomeadas ata o día de hoxe Havot—Iair, na terra de Galaad.
O rei preguntoulle a Sibá: —"A que vés con esas cousas?" E Sibá respondeulle: —"Os burros son para que monte a familia do rei, os pans e os figos son para que coman os criados, e o viño é para que beban os que desfalezan no deserto".
Relouca, filla de Sión, grita de ledicia, filla de Xerusalén. Velaí chega o teu rei, é xusto e protexido do Señor, humilde e montado nun burro, si, nun burriño fillo dunha burra.
Iaír, o fillo de Menaxés, recibiu toda a rexión de Argob ata as fronteiras dos guexurritas e dos macateos, e ata o día de hoxe estes habitantes chamáronse co seu nome, e a Baxán chamóuselle Tendas de Iaír.