Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 10:16 - Biblia SEPT

16 E retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor, que non puido aturar máis os sufrimentos de Israel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 10:16
27 Iomraidhean Croise  

Arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón.


Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.


Cando Asá escoitou esta profecía de Azarías, fillo de Oded, animouse a suprimir os ídolos de todo o territorio de Xudá e Benxamín, e das cidades que conquistara na serra de Efraím, e reparou o altar do Señor que se achaba diante do adro.


Suprimiu do templo os deuses estranxeiros e o ídolo, e guindou fóra da cidade todos os altares que construíra no monte do templo e en Xerusalén.


se o meu pobo, que leva o meu Nome, se humilla, ora, me busca e abandona a súa mala conduta, eu escoitareino desde o ceo, perdoarei os seus pecados e sandarei a súa terra.


Se o meu corazón estaba amargado e tiña un cravo nas entrañas,


en calquera angustia. Non houbo mensaxeiro nin enviado: a súa presenza salvounos: polo seu amor e a súa compaixón redimiunos, si, levantounos e levounos enriba de si en todas as épocas pasadas.


Non é Efraím para min o fillo tan estimado, non é o fillo do meu contentamento? Cantas veces falo contra el, outras tantas o teño que relembrar, por iso conmóvense as miñas entrañas por el, teño que compadecerme del —é o Señor quen fala—.


Como te vou entregar, Efraím? Como te vou deixar, Israel? Como te vou entregar igual ca Ademah? Como te vou volver igual ca Seboim? O meu corazón revólvese contra min, ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.


Volverán a habitar á miña sombra, cultivarán o trigo, lembrándose de min florecerán coma a viña, coma o viñedo do Líbano.


Que Deus hai coma ti, que quita a iniquidade, e lle pasa por alto o pecado ó resto da súa herdanza, que non se obstina para sempre na ira, senón que lle ten amor á misericordia?


Levantouse e volveu onda seu pai. Aínda estaba lonxe cando este, enxergándoo, saíu emocionado a recibilo, e botándoselle nos brazos, bicouno agarimosamente.


E ó enxergaren a cidade, chorou sobre ela


preguntou: Onde o puxestes? Contestáronlle: Señor, ven ver.


máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente, coma Deus vos perdoou en Cristo.


Si, o Señor faralle xustiza ao seu pobo, e compadecerase dos seus servos, cando vexa que a forza se acaba, e que xa non hai escravo nin libre.


durante corenta anos: por isto me deu noxo aquela xente, e dixen: o corazón ándalles sempre descarreirado, non se deron conta do meu comportamento;


Pois así é: nós non temos un Sumo Sacerdote que non se poida compadecer das nosas debilidades, senón un Sumo Sacerdote probado en todo coma nós, fóra do pecado.


—"Daquela —dixo Xosué—, botade fóra os deuses alleos que hai entre vós, e apegade o voso corazón ó Señor Deus, e escoitaremos a súa voz".


E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.


Entón berraron cara ó Señor e confesaron: Pecamos deixando ó Señor e servindo ós Baales e ás Axtartés. Agora líbranos da man dos nosos inimigos e servirémoste a ti.


Entón falou Samuel deste xeito a todo Israel: —"Se vos convertedes ó Señor de todo corazón, desbotando de onda vós deuses alleos e Axtartés, se afincades no Señor o voso corazón, e se o servides só a el, o Señor libraravos da man dos filisteos".


Os israelitas desbotaron os Baales e as Axtartés e propuxeron servir só ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan