Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 10:13 - Biblia SEPT

13 Pero vós abandonástesme e servistes outros deuses. Así que non volverei a salvarvos mais.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 10:13
11 Iomraidhean Croise  

E ti, Salomón, meu fillo, coñece ó Deus de teu pai e sírveo con corazón perfecto e ánimo xeneroso; porque o Señor esculca os corazóns de todos e penetra todos os pensamentos. Se ti o buscas, atoparalo, pero se o abandonas, refugarate para sempre.


Entón o profeta Semaías presentouse a Roboam e ás autoridades de Xudá, que se reuniran en Xerusalén por medo a Xexac, e díxolles: —"Así di o Señor: vós abandonástesme; pois eu abandónovos agora nas mans de Xexac".


Saíu ó encontro de Asá e díxolle: —"Escoitádeme, Asá, Xudá e Benxamín: se estades co Señor, El estará convosco; se o buscades, deixarase encontrar; pero se o abandonades, abandonaravos.


Edom independizouse de Xudá ata hoxe; tamén Libnah conseguiu daquela a independencia. Isto ocorreu por abandonar ó Señor, Deus de seus pais.


pois dúas maldades cometeu o meu pobo: deixoume a min, viveiro de auga vivificadora, polos pozos gretados que non reteñen a auga.


A túa maldade será quen te instrúa co seu castigo e as túas apostasías serán as que te castiguen. Recoñece o desastroso, o amargo que che resulta abandonar o Señor, e non respectar o teu Deus —é o Señor, Iavé todopoderoso, quen fala—.


Cando se debilitaban os meus folgos, lembreime do Señor, e a miña oración chegou a ti, ó teu santo templo.


Iexurún engordou, e logo couceou; engordaches, colliches graxas, puxécheste brillante, pero rexeitou ao Deus que o creou e deshonrou o Penedo da súa salvación.


Ide e clamade polos deuses que escollestes: que vos salven eles no tempo de vosa anguria".


E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.


Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan