12 os sidonios, os amalecitas e os madianitas vos oprimiron e clamastes por min, logo non vos salvei eu das súas mans?
Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en Hasesón-Tamar.
Estes, descritos polos seus nomes, viñeron en tempos de Ezequías, rei de Xudá, atacaron as súas tendas e os mineos que atoparon alí destruíronos ata hoxe, habitando no sitio deles, por haber alí pasto para o seu gando.
E axuntáronselle os fillos de Amón e de Amalec, e foi el e venceu a Israel, e apoderouse da Vila das Palmeiras,
E acontecía que, cando Israel sementaba, subían os madianitas; e os amalecitas e os orientais subían tamén contra el.