Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 1:7 - Biblia SEPT

7 E dixo Adoni—Bézec: —"Sete reis cos polgares das súas mans e dos seus pés cepados están debaixo da miña mesa recollendo as migallas. Conforme fixen eu, recompensoume Deus a min". E levárono a Xerusalén e morreu alí.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 1:7
16 Iomraidhean Croise  

Diraslle: isto di o Señor: Mataches e agora roubas? Dille: isto di o Señor: no mesmo sitio onde os cans lamberon o sangue de Nabot, lamberán tamén o teu".


Degolarás o carneiro, collerás do seu sangue e mollarás con el o lóbulo da orella dereita de Aharón e os das orellas dos seus fillos, e tamén os polgares das súas mans e as dedas dos seus pés dereitos, e despois verterás o sangue ó redor do altar.


Ai saqueador, ti non es saqueado! Ai traidor, a quen non traizoan! Cando ti acabes de saquear, serás saqueado; cando remates de facer traizón, traizoarante a ti!


Velaí o que eu lles vou facer ós teus inimigos naquel intre: vou salvar a ovella coxa e recadar a descarreirada, convertereinas en loanza e renome en todo o país, onde sentiron vergonza.


E así amosan que levan escrito nos seus corazóns o efecto da Lei; failles de testemuña a súa propia conciencia, e de acusadores ou defensores os seus razoamentos.


pois terá un xuízo sen misericordia o que non foi misericordioso; a misericordia está por riba do xuízo.


Se algún está para a catividade, irá á catividade. Se algún está para morrer coa espada, matarano coa espada. Aquí están a esperanza e mais a fe do pobo santo.


porque verteron sangue de santos e de profetas e por iso lles deches tamén a beber sangue. Tíñano ben merecido!".


E fuxiu Adoni——Bézec e fórono abourando; e atrapárono e mutilárono dos polgares das súas mans e dos seus pés.


(Para vingar deste xeito a violencia feita nos setenta fillos de Ierubaal, e botar o seu sangue sobre Abimélec, seu irmán, que os matara, e sobre os señores de Xequem, que enforteceran as mans daquel para matar a seus irmáns).


e todo o mal dos homes de Xequem, fíxoo tornar Deus sobre as súas cabezas, vindo así sobre eles a maldición de Iotam, o fillo de Ierubaal.


Samuel respondeulle: —"Do xeito como a túa espada deixou mulleres sen fillos, agora queda coma elas sen fillos a túa nai". E Samuel esganouno en Guilgal na presenza do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan