Degolarás o carneiro, collerás do seu sangue e mollarás con el o lóbulo da orella dereita de Aharón e os das orellas dos seus fillos, e tamén os polgares das súas mans e as dedas dos seus pés dereitos, e despois verterás o sangue ó redor do altar.
Por iso, así fala o Señor: vós non me fixestes caso ó proclamardes cada un a liberdade para o seu irmán e para o seu compañeiro. Eu estou a proclamar contra vós a liberdade da espada, da peste e da fame, e convertereivos en algo que fará estremecer a todos os reinos da terra —é o Señor quen fala—.
Lanzade berros en todo o arredor contra ela: o seu poder réndese, caen as súas columnas, derrúbanse os seus muros. Esta é a vinganza do Señor, vingádevos dela; como ela fixo, facédelle a ela.
E dixo Adoni—Bézec: —"Sete reis cos polgares das súas mans e dos seus pés cepados están debaixo da miña mesa recollendo as migallas. Conforme fixen eu, recompensoume Deus a min". E levárono a Xerusalén e morreu alí.