Presentouse Miqueas onda o rei, e este preguntoulle: —"Miqueas, podemos ir atacar Ramot de Galaad, ou debemos desistir?" El respondeulle: —"Rube, vencerás; o Señor entregaraa nas mans do rei".
O rei de Israel reuniu os profetas, arredor de catrocentos, e preguntoulles: —"Debo atacar Ramot de Galaad ou debo desistir?" Respondéronlle eles: —"Vai. O Señor entregaraa nas mans do rei".
e o Señor, o teu Deus, chos poña diante de ti, para que os castigues, ti entrégaos totalmente ao exterminio sagrado. Non fagas con eles alianzas nin teñas compaixón deles.
Pero hoxe vas recoñecer que o Señor, o teu Deus, é quen pasa diante de ti coma lume devorador, El é quen os vai destruír, El é quen os vai subxugar na túa presenza, mentres ti vas tomar posesión deles e os vas facer desaparecer nun instante, tal como cho dixo o Señor.
E dixo Xudá a seu irmán Simeón: —"Rube comigo á miña herdanza e batallaremos contra os cananeos, e irei tamén eu contigo á túa herdanza". E Simeón foi con el.
Ionatán díxolle ó seu escudeiro: —"Ven, acheguémonos ó posto deses incircuncisos. Quizais faga o Señor algo por nós, pois a el nada lle impide dar a vitoria, o mesmo ós moitos coma ós poucos".