O lindeiro dos fillos de Dan saía fóra do seu territorio, pois os fillos de Dan foron e loitaron contra Léxem e ocupárona; despois, pasárona pola espada e posuírona e habitaron nela. E chamaron a Léxem, Dan, coma o seu devanceiro.
Naftalí tampouco botou ós veciños de Bet—Xémex, nin ós de Bet—Anat; e morou no medio dos cananeos que habitaban o país, aínda que os veciños de Bet—Xémex e os de Bet—Anat lle tiveron que pagar tributo.
E continuaron morando os amorreos na montaña de Heres, en Aialón e en Xaalbim; pero a casa de Xosé cargou a man sobre eles, e tivéronlle que pagar tributo.
Naquel entón non había rei en Israel e a tribo de Dan buscaba un territorio onde residir, pois non lle correspondera aínda unha herdanza entre as tribos de Israel.