Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 1:27 - Biblia SEPT

27 E non botou Menaxés ós de Bet—Xeán e as súas vilas, nin ós de Tanac e as súas vilas, nin ós veciños de Dor e as súas vilas, nin ós veciños de Ibleam e as súas vilas, nin ós veciños de Meguido e as súas vilas; e os cananeos continuaron morando naquela terra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 1:27
16 Iomraidhean Croise  

Os seus descendentes seguiron no país, pois os israelitas non os exterminaran.


No seu tempo rubiu o faraón Nekó, rei de Exipto, cara ó Éufrates, para axudar ó rei de Asiria. O rei Ioxías saíulle ó paso, e Nekó matouno, no primeiro encontro, en Meguido.


A vista disto, Ocozías, rei de Xudá, liscou polo camiño de Bet—Hagán. Pero Iehú foino perseguindo e berrando: —"A el tamén!" E ferírono no seu carro, na costa de Gur, cerca de Ibleam. El seguiu fuxindo cara a Meguido, onde morreu.


Ti non farás con eles nin cos seus deuses ningún pacto.


Maldito quen cumpre o encargo do Señor con pouco xeito, maldito quen retén a súa espada apartada do sangue.


e o Señor, o teu Deus, chos poña diante de ti, para que os castigues, ti entrégaos totalmente ao exterminio sagrado. Non fagas con eles alianzas nin teñas compaixón deles.


E da media tribo de Menaxés, Taanac e os seus pastos, e Ibleam e os seus pastos: dúas cidades.


E aconteceu que, despois da morte de Xosué, foron consultar os fillos de Israel ó Señor: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os cananeos?"


Pero ós iebuseos, que habitaban en Xerusalén, os fillos de Benxamín non os puideron botar; e moraron os iebuseos en Xerusalén cos fillos de Benxamín ata o día de hoxe.


E foi o home ó país dos hititas, e levantou unha vila, e chamouna Luz; e foi Luz o seu nome ata o día de hoxe.


Mais cando se fortaleceu Israel, púxolles un tributo ós cananeos; pero o que é botar, non os botaron.


Chegaron reis e guerrearon; batallaron entón os reis de Canaán, en Zanac —onda as augas de Meguido—, sen que pillasen espolios de prata.


Xaúl e o seu exército perdoáronlles a vida a Agag e ás mellores ovellas e vacas, ó gando cebado, ós cordeiros e a todo o que era bo, e non os exterminaron. Só consagraron ó anatema o desprezable e de pouco valor.


As súas armas puxéronas no templo de Axtarté e o cadáver pendurárono nos muros de Bet—Xeán.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan