O Señor fixera resoar no campamento arameo estrondo de carros e cabalos e dun exército poderoso; e entón dixéronse uns ós outros: —"O rei de Israel contratou contra nós os reis hititas e os exipcios".
Traían de Exipto un carro por seiscentos siclos de prata e un cabalo por cento cincuenta. Traíanos tamén como intermediarios para todos os reis dos hititas e todos os reis de Aram.
E non botou Menaxés ós de Bet—Xeán e as súas vilas, nin ós de Tanac e as súas vilas, nin ós veciños de Dor e as súas vilas, nin ós veciños de Ibleam e as súas vilas, nin ós veciños de Meguido e as súas vilas; e os cananeos continuaron morando naquela terra.