E saíu como partilla para os fillos de Xosé, desde o Xordán de Xericó ata as augas de Xericó, polo oriente do deserto, e subía o lindeiro desde Xericó ata a montaña de Betel;
Despois ía cara a Luz, e pasaba a carón de Luz, polo sur da cidade (de Betel), e baixaba a Atarot—Adar, na montaña que está ó sur de Bet—Horón de Abaixo.
Xosué, fillo de Nun, enviou ás caladas desde Xitim a dous militares de a pé, dicíndolles: —"Ide ver o país, a Xericó". Eles foron e chegaron a casa dunha rameira chamada Rahab, e pararon alí.
Xosué enviou homes desde Xericó a Ai —que está a carón de Bet—Aven, ó oriente de Betel—, dicíndolles: —"Subide e ollade a zona". Foron os homes e recoñeceron a vila.
E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.