Subiron polo Négueb e chegaron a Hebrón, onde estaban Ahimán, Xexai e Talmai, descendentes de Anac. Hebrón fora edificada sete anos antes ca Soán do Exipto.
Con todo, ó meu servidor Caleb, porque tivo outro espírito consigo e me seguiu fielmente, heino facer entrar no país onde el xa estivo, e a súa posteridade terao en posesión.
Chegou entón Xosué, e fendeu os anaquitas da montaña de Hebrón, os de Debir, os de Anab e os de toda a montaña de Xudá e de todas as montañas de Israel: exterminounos Xosué, xunto coas súas cidades.