Os acampados pola parte do oriente, baixo o seu estandarte de guerra no campamento, serán os soldados de Xudá, que levan á fronte do seu batallón a Nahxón, fillo de Aminadab.
Pero díxome entón un dos anciáns: "Non chores, velaquí o león da raza de Xudá e rebento da raíz de David: venceu, e deste xeito pode abrir o libro e os seus sete selos".
E dixo Xudá a seu irmán Simeón: —"Rube comigo á miña herdanza e batallaremos contra os cananeos, e irei tamén eu contigo á túa herdanza". E Simeón foi con el.
Erguéronse e subiron a Betel, consultaron a Deus e dixeron os fillos de Israel: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os fillos de Benxamín?" E respondeu Iavé: —"O primeiro será Xudá".
e Pinhás —o fillo de Elazar, fillo de Aharón—, exercía diante dela naquel tempo): —"Logo deberemos saír de novo para a loita contra os fillos de Benxamín, noso irmán, ou renunciar?" E dixo Iavé: —"Subide, que mañá vounos poñer nas vosas mans".