Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 1:19 - Biblia SEPT

19 E o Señor estaba con Xudá, que se apoderou da montaña (ó non poder botar os veciños do val, por teren eles carros de ferro).

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 1:19
34 Iomraidhean Croise  

O Señor favoreceu a Xosé e deulle boa sorte en todo o que facía na casa do amo exipcio.


Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere.


David medraba cada vez máis. O Señor, Deus dos exércitos, estaba con el.


O Señor estivo con el e fixo prosperar todos os seus proxectos. Revirouse contra o rei de Asiria e deixou de pagarlle vasalaxe.


—"Desistide e recoñecede que eu son Deus, por riba das xentes, por riba da terra".


Brúan as xentes, revólvense os reinos; fai El tronar, e derrétese a terra.


Vinde e vede as obras do Señor, o que fai escarmentos na terra.


Quen, se non ti, Deus, que nos rexeitaches, o Deus que non sae co noso exército?


De novo observei baixo o sol que non é dos veloces a carreira nin a guerra dos heroes, nin dos asisados o ter pan, nin dos entendidos a riqueza, nin o favor dos sabedores, senón que a ocasión e a sorte cáenlles por igual a todos.


Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.


Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;


Trazade un plan, e será esnaquizado; falade o asunto, e non se manterá; pois connosco está Deus.


Mirade: a virxe concibirá e dará a luz un fillo, e poñeranlle de nome Emmanuel (que quere dicir "Deus connosco").


Que máis se pode dicir despois disto? Se Deus está connosco, quen contra nós?


Teño forzas para todo grazas a quen me fai forte.


Ninguén se che poderá arrepoñer durante toda a túa vida. Do mesmo xeito que estiven con Moisés, estarei tamén contigo: non te fallarei nin te abandonarei.


Logo non cho dixen xa?: se rexo e valoroso; non teñas medo nin te empequenezas, pois o Señor, o teu Deus, estará contigo en todo o que acometas".


Rógoche, pois, que me deas a montaña esa á que se referiu o Señor naquel día, pois xa oíches entón que estaban alí os anaquitas, e que as cidades eran grandes e ben defendidas. Pero pode ser que o Señor estea comigo, de xeito que consiga botalos, como El dixo".


O Señor estivo con Xosué e a súa sona espallouse por todo o país.


Por iso os fillos de Israel non poderán levantar cabeza diante dos seus inimigos; volveranlles o lombo, pois fixéronse obxecto do exterminio. Non continuarei estando convosco, se non quitades do medio de vós o consagrado.


E o Señor respondeu: —"O primeiro será Xudá. Velaquí que entreguei o país nas súas mans".


E xuntou Sísera todos os carros —novecentos carros de ferro—, e a todo o pobo que tiña, desde Haróxet dos Xentís ata o torrente Quixón.


E berraron os fillos de Israel ó Señor, pois aquel tiña novecentos carros de ferro, e el xa oprimira fortemente ós fillos de Israel durante vinte anos.


Xaúl colléralle medo a David, porque o Señor estaba con el, ó tempo que se afastaba de Xaúl.


Calquera cousa que emprendese saía ben, porque o Señor estaba con el.


David saía ben de todas as incursións que Xaúl lle encomendaba e o rei púxoo á fronte dos soldados. Fíxose querer de todo o exército e tamén dos ministros de Xaúl.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan