Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 1:16 - Biblia SEPT

16 E os descendentes do sogro de Moisés —o quenita— subiron da Vila das Palmeiras cos fillos de Xudá ó deserto de Xudá que queda no Négueb de Arad; e foron, e habitaron entre o pobo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 1:16
26 Iomraidhean Croise  

A Osem, o sexto; e a David, o sétimo.


Familias de escribas que viven en Iabés: os tirateos, os ximateos e os sucateos. Estes eran os quenitas, descendentes de Hamat, pai dos recabitas.


Por entón, o rei Ahaz mandou unha embaixada ó rei de Asiria para pedirlle axuda.


Ietró, sacerdote de Madián, sogro de Moisés, soubo o que Deus fixera con Moisés e co seu pobo Israel, ó sacalos de Exipto.


Despois Ietró, sogro de Moisés, ofreceu a Deus sacrificios e holocaustos. Aharón e todos os anciáns de Israel viñeron e comeron con el na presenza de Deus.


Moisés despediuse do seu sogro, e este volveu para a súa terra.


Moisés saíu ó encontro do seu sogro; inclinouse e bicouno; saudáronse e entraron na tenda.


Moisés pastaba os rabaños de seu sogro Ietró, sacerdote de Madián. Levaba polo deserto os rabaños, e unha vez chegou ata a montaña de Deus, o Horeb.


Moisés volveu para a casa de seu sogro Ietró e díxolle: —"Quero volver a Exipto, onde están meus irmáns, para ver se aínda viven". Respondeulle Ietró: —"Vai en paz".


Vai á familia dos recabitas e trata con eles de que veñan ó templo do Señor, a un dos comedores, e logo dálles de beber viño.


Cando o cananeo rei de Arad, que habitaba no Négueb, oíu que Israel viña polo camiño dos exploradores, atacou a Israel e fixo algúns prisioneiros.


Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:


o Négueb, a veiga do val de Xericó, a cidade das palmeiras, ata Soar.


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


o rei de Hormah, un; o rei de Arad, un;


E correspondéronlle á tribo de Benxamín, segundo as súas familias, as cidades de Xericó, Bet—Hoglah, Émec—Quesis,


Ela respondeulle: —"Anda, faime un favor: pois me deches terra árida, dáme algunha fonte de auga". E deulle Caleb as fontes de arriba e as fontes de abaixo.


E axuntáronselle os fillos de Amón e de Amalec, e foi el e venceu a Israel, e apoderouse da Vila das Palmeiras,


Mais Héber, o quenita, arredárase dos outros quenitas —dos fillos de Hobab, o sogro de Moisés—, e foi montar a súa tenda alá onda a aciñeira de Saanaim, onda Quédex.


E Sísera fuxiu a pé á tenda de Iael, a muller de Héber, o quenita, pois había paz entre Iabín —o rei de Hasor— e a casa de Héber, o quenita.


Mandoulles dicir ós quenitas: —"Arredádevos de onda os amalecitas, para non arrasarvos canda eles, pois vosoutros tivestes dó dos israelitas, cando estes subían de Exipto". E os quenitas arredáronse de xunto os amalecitas.


Aquix preguntáballe: —"Onde saqueastes hoxe?" E David respondíalle: —"No Négueb de Xudá, no dos ierahmelitas ou no dos quenitas".


ós de Carmel, ós das cidades dos ierahmelitas e ós das dos quenitas,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan