Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xuíces 1:10 - Biblia SEPT

10 E foi Xudá contra os cananeos que habitaban en Hebrón —o nome de Hebrón era antes Quiriat—Arbá—, e venceu a Xexai, a Ahimán e a Talmai.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xuíces 1:10
12 Iomraidhean Croise  

Morreu en Quiriat-Arbah, hoxe Hebrón, no país de Canaán. Abraham fixo o velorio e chorou pola súa muller.


Israel díxolle: —"Vai ver se están ben os teus irmáns e o gando, e logo tráesme as novas". Despediuno no val de Hebrón, e el marchou para Xequem.


De novo observei baixo o sol que non é dos veloces a carreira nin a guerra dos heroes, nin dos asisados o ter pan, nin dos entendidos a riqueza, nin o favor dos sabedores, senón que a ocasión e a sorte cáenlles por igual a todos.


Se alguén se quere ensoberbecer, que se ensoberbeza disto: de apreciarme e terme en estima a min, pois eu son o Señor que obra a misericordia, e exerce o xuízo e a xustiza na terra. Nestes é en quen eu me comprazo —é o Señor quen fala—.


Subiron polo Négueb e chegaron a Hebrón, onde estaban Ahimán, Xexai e Talmai, descendentes de Anac. Hebrón fora edificada sete anos antes ca Soán do Exipto.


Alí vimos xigantes descendentes de Anac, raza de xigantes, e resultabamos, ós nosos propios ollos, coma saltóns, e o mesmo lles debiamos parecer tamén a eles".


E subiu Xosué —e todo Israel con el— de Eglón a Hebrón, e loitaron contra ela.


O nome de Hebrón era antes Quiriat—Arbá (por mor do máis grande dos anaquitas). E o país repousou da loita.


E déronlle a Caleb Hebrón, segundo dispuxera Moisés; e botaron de alí ós tres fillos de Anaq.


E despois baixaron os fillos de Xudá para loitaren contra os cananeos que habitaban a montaña, o Négueb e a Xefelah.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan