1 E aconteceu que, despois da morte de Xosué, foron consultar os fillos de Israel ó Señor: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os cananeos?"
No peitoral das sortes porás os urim e os tummim, e así irán sobre o corazón de Aharón, sempre que este entre onda o Señor, Aharón levará sempre sobre o corazón, na presenza do Señor, as sortes de Israel.
Deberá presentarse a Elazar, sacerdote, quen consultará por el o xuízo dos Urim ante o Señor. Por orde súa sairán e por orde súa regresarán, el e mais todos os fillos de Israel con el, toda a comunidade".
E non botou Menaxés ós de Bet—Xeán e as súas vilas, nin ós de Tanac e as súas vilas, nin ós veciños de Dor e as súas vilas, nin ós veciños de Ibleam e as súas vilas, nin ós veciños de Meguido e as súas vilas; e os cananeos continuaron morando naquela terra.
Erguéronse e subiron a Betel, consultaron a Deus e dixeron os fillos de Israel: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os fillos de Benxamín?" E respondeu Iavé: —"O primeiro será Xudá".
E subiron os fillos de Israel, choraron diante de Iavé ata o serán e consultaron o Señor, dicindo: —"Convén presentar de novo a loita ós fillos de Benxamín, o noso irmán?" E dixo Iavé: —"Subide contra el".
e Pinhás —o fillo de Elazar, fillo de Aharón—, exercía diante dela naquel tempo): —"Logo deberemos saír de novo para a loita contra os fillos de Benxamín, noso irmán, ou renunciar?" E dixo Iavé: —"Subide, que mañá vounos poñer nas vosas mans".