El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".
A morte será preferible á vida para todo o resto: para os superviventes desta caste perversa, e para os de todos os lugares a onde eu os expulso —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
Cando o sol apertaba, mandou Deus un abrasador vento soán, e o sol deulle na cabeza a Xonás, que se sentía esmorecer. Entón desexou con ansia a morte e dixo: Éme mellor morrer que vivir.
Se ti me tratas a min así, é mellor que me mates, tírame a vida, pídocho de favor, se atopei graza ós teus ollos, para que deste modo non vexa eu tanto mal".