canto máis agora, que uns homes malvados mataron un home xusto, na súa casa, no seu leito, pedireivos contas do sangue que vertestes, desarraigándovos da terra".
sen o presentar antes na entrada da Tenda do Encontro, para o ofrecer en sacrificio ó Señor diante do seu tabernáculo, seralle imputado como delito de sangue por ter vertido sangue. Ese home será exterminado do medio do seu pobo.
A comunidade librará ó homicida da man do vingador do sangue e conducirao á cidade de asilo, onde estea refuxiado. Habitará alí ata a morte do sumo sacerdote, unxido co santo óleo.
Non deixaredes profanar a terra na que vivides, porque o sangue profana a terra, e polo sangue derramado na terra non se pode facer expiación máis ca mediante o sangue de quen a verteu.
Pois ela é para ti servidora de Deus para o ben. Mas se fas o mal, tenlle medo, porque non en balde leva a espada: ela é servidora de Deus, vingadora da súa ira contra o que practica o mal.
Se algún está para a catividade, irá á catividade. Se algún está para morrer coa espada, matarano coa espada. Aquí están a esperanza e mais a fe do pobo santo.
Samuel respondeulle: —"Do xeito como a túa espada deixou mulleres sen fillos, agora queda coma elas sen fillos a túa nai". E Samuel esganouno en Guilgal na presenza do Señor.