Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 9:5 - Biblia SEPT

5 Tamén da vosa vida —do voso sangue— pedirei eu as contas. Pedireillas a todo home da vida do seu irmán.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 9:5
26 Iomraidhean Croise  

Entón dixo Rubén: —"Non vos dicía eu: Non lle fagades mal ó rapaz, e vós non fixestes caso? Por iso esíxennos agora o seu sangue".


canto máis agora, que uns homes malvados mataron un home xusto, na súa casa, no seu leito, pedireivos contas do sangue que vertestes, desarraigándovos da terra".


Fai con el segundo a túa sabedoría, pero non deixes que os seus cabelos brancos baixen en paz ó sepulcro.


Cando Atalía, nai de Ocozías, viu que morrera seu fillo, decidiu exterminar a toda a familia real.


O rei Ioax, sen ter en conta os beneficios recibidos de Iehoiadá, matoulle o fillo, que morreu dicindo: —"Que o Señor xulgue e sentencie!"


Os seus cortesáns conspiraron contra el e asasinárono no palacio.


Pero a poboación matou os conspiradores contra o rei Amón e nomearon rei sucesor a Ioxías, fillo de Amón.


Cantádelle ó Señor que mora en Sión, anunciádelles ós pobos as súas obras.


O que fira de morte a un home, será reo de morte.


Non espallarás calumnias entre os teus conveciños, nin quedarás indiferente cando lle batan ó teu próximo. Eu son o Señor.


Se algún lle bate a outro ata o matar, será castigado coa morte.


O que mata un animal alleo, terá que o pagar; o que mata a un home, tamén será el matado.


Pero se o feriu con instrumento de ferro e o mata, é un homicida; o homicida terá que morrer sen remedio.


Se o feriu con pedra tirada coa man, capaz de causar a morte, e mata, é un homicida; o homicida morrerá sen remedio.


Se o feriu cun pau capaz de causar a morte, e mata, é un homicida; o homicida morrerá sen remedio.


ou se por inimizade o fere coa súa man e morre, o agresor morrerá sen remedio; é un homicida. O vingador do sangue matará ó homicida cando o encontre.


Así recaerá sobre vós todo o sangue inocente vertido na terra, desde o sangue de Abel, o xusto, ata o sangue de Zacarías, fillo de Baraquías, ó que matastes entre o santuario e o altar.


Dun só home quitou a raza humana, para que habitasen toda a terra, e estableceu os lindeiros dos seus tempos e mais dos seus territorios,


Se un lle ten odio ao seu próximo e se pon a axexalo, levántase contra el, golpéao de morte e este próximo morre, aquel escapará a unha desas cidades.


Pero os anciáns da súa cidade, mandarán xente que o saquen de alá e o entreguen no poder do vingador do sangue vertido, para que morra.


Devolveulle así Deus o mal que fixera Abimélec a seu pai matando a seus setenta irmáns;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan