Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 9:2 - Biblia SEPT

2 Que vos teñan respecto e medo os animais todos da terra e os paxaros do ceo. No voso poder están os réptiles todos da terra e os peixes do mar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 9:2
16 Iomraidhean Croise  

E creou os monstros mariños, os moitos xéneros de peixes que referven nas augas e todas as sortes de paxaros. E parecéronlle ben.


Despois dixo Deus: —"Fagamos o home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos réptiles todos da terra".


E bendiciunos así: —"Reproducídevos, crecede, enchede a terra e sometédea. Mandade nos peixes do mar, nos paxaros do ceo e nos réptiles todos da terra".


O Señor Deus formou de terra as feras do monte e os paxaros do ceo, e presentoullos ó home, para ver que nomes lles puña. Cada ser vivo levaría o nome que o home lle puxese.


En canto se puxeron de camiño, un medo de Deus invadiu todas as vilas do arredor, de xeito que ninguén perseguiu ós fillos de Xacob.


Deus bendiciu a Noé e ós seus fillos: —"Crecede, reproducídevos e enchede a terra.


Todo o que vive e se move serviravos para mantenza. Dóuvolo todo, como vos dei os vexetais.


Fíaste del porque ten moita forza e descargas nel o teu traballo?


Pactarei con eles unha alianza de paz, e farei desaparecer do país os animais feroces, para que poidan vivir con tranquilidade no deserto, e adormecer na foresta.


E o día aquel —é o Señor quen fala— chamarasme "Meu marido", e non me volverás chamar "Baal Meu Dono"


Mandarei contra vós as feras do campo, que vos han deixar orfos, mataranvos o gando deixándoo decimado, e quedarán ermos os vosos camiños.


Eu porei paz no voso país, durmiredes sen medo e arredarei de onda vós toda caste de terror. Afastarei da vosa terra toda fera nociva e non pasará a espada polo voso país.


Calquera caste de bestas ou paxaros ou cóbregas ou peixes pode domeala o home e, de feito, doméaa;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan