Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 9:16 - Biblia SEPT

16 Aparecerá o arco nas nubes e, ó velo, lembrarei a alianza perpetua entre Deus e todos os seres vivos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 9:16
14 Iomraidhean Croise  

Circuncidade os nacidos na casa e os adquiridos por diñeiro, e a miña alianza estará no voso corpo como alianza perpetua.


Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.


Establezo a miña alianza, alianza perpetua, contigo e cos teus descendentes, polas xeracións vindeiras. Eu serei o teu Deus e o dos teus descendentes.


Deus aclaroulle a Noé: —"Este é o sinal da alianza que establezo entre min e canto ten vida na terra".


Non é así coa miña casa, na presenza de Deus? Xa que El fixo comigo un pacto eterno, ben ordenado e gardado, non me dará El a vitoria e fará florecer as miñas arelas?


Baixade o oído e vinde onda min, facédeme caso e revivirán as vosas ilusións, pois pactarei convosco unha alianza eterna, os beneficios de David que se manteñen firmes.


Pactarei con eles unha alianza eterna; non me apartarei deles para lles facer ben e porei o meu respecto no seu corazón, de xeito que non se aparten da miña presenza.


Entón farei deles e do que hai arredor do meu monte unha bendición, e farei baixar a chuvia no seu tempo e serán chuvias de bendición.


Establecerei con eles unha alianza perfecta, e o sinal que eu lles darei é que a alianza será eterna, e farei que se multipliquen. Porei para sempre o meu santuario no medio deles,


Que o Deus da paz, que por mor do sangue dunha alianza eterna sacou de entre os mortos ó gran Pastor do rabaño, o noso Señor Xesús,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan