Despois, ordenei ós levitas que se purificasen para viren gardar as portas, co fin de santificar o día do sábado. —"Por todo isto, acórdate de min, meu Deus; ten piedade de min segundo a túa grande fidelidade".
E non me vou eu aflixir e compadecer da grande cidade de Nínive, onde hai máis de cento vinte mil persoas que non distinguen entre a súa dereita e a súa esquerda, a máis de moitos animais?
Señor, oín o teu renome; venerei, Señor, as túas obras. No decurso dos anos fainas revivir, móstraas no decorrer dos tempos; na ira lémbrate da misericordia.
Cando teñades que saír á guerra, no voso país, contra o inimigo que vos ataca, tocaredes as trompetas con estrondo e o Señor Deus voso acordarase de vós, e seredes liberados dos vosos inimigos.
E díxolle o Anxo do Señor: —"Por que lle batiches por tres veces á túa burra? Son eu quen se opón a ti, pois o teu camiño é perverso e contrario a min.
Deste xeito, a gran cidade partiu en tres anacos, as cidades dos xentís viñéronse abaixo e á gran Babilonia chamárona perante Deus para lle dar a cunca do viño da súa fervente ira.
Pola mañá erguéronse cedo e foron prostrarse diante do Señor. Despois puxéronse de volta e chegaron a Ramah, á súa casa. Elcanah achegouse a Ana, súa muller, e o Señor acordouse dela.