5 Noé fixo todo conforme lle mandara o Señor.
Noé fixo todo conforme Deus lle mandara.
macho e femia de cada especie, conforme Deus lle mandara. Despois o Señor pechou por fóra.
Non sufrirei decepción, se me fixo nos teus ditados.
Quedaron así acabados os traballos do tabernáculo e da Tenda do Encontro. Os israelitas fixeron todo como lles mandara Moisés.
Moisés fixo todo como lle mandara o Señor.
Moisés e Aharón fixeron exactamente o que lles mandaba o Señor.
Xesús respondeulle: Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus. Xoán accedeu.
El respondeulles: A miña nai e mais os meus irmáns son os que escoitan a Palabra de Deus e a levan á práctica.
Se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades.
Súa nai díxolles entón ós servidores: Facede o que el vos diga.
Abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte, e a morte na cruz!
Aínda que era Fillo, aprendeu sufrindo o que é obedecer;