Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 7:4 - Biblia SEPT

4 Dentro de sete días farei chover sobre a terra corenta días seguidos, coas súas noites, e varrerei da face da terra os seres todos que creei".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 7:4
23 Iomraidhean Croise  

na terra non había aínda ramallada nin xermolaba herba no campo, porque o Señor Deus non fixera chover sobre a terra nin existía o home que traballase o agro.


e díxolle a Noé: —"Para min chegou a fin de todos os seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.


Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra.


Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".


E decidiu: —"Vou borrar da terra o home que creei, e con el tamén o gando, as feras e os paxaros, pois mesmo sinto telos feito".


O cabo de sete días as augas do diluvio alagaban a terra.


Choveu sobre a terra corenta días coas súas noites.


Durante corenta días caeu un diluvio sobre a terra. As augas, ó encheren, erguían a arca sobre o chan.


dos paxaros, tamén sete parellas, macho e femia, para que se garde viva a especie na terra.


Noé agardou sete días, e soltou de novo a pomba fóra da arca.


Agardou outros sete días e soltou novamente a pomba. Esta xa non volveu.


Cerráronse as fontes do abismo e as comportas do ceo, e parou de chover.


que foron arrincados antes de tempo, cando a riada lles afundiu os alicerces?


Ao pórlle peso ó vento e ó controlar as augas,


engádelles culpas sobre culpas e non teñan acceso á túa xustificación.


Por iso, así fala o Señor: "Voute expulsar de sobre a superficie da terra: este mesmo ano morrerás, xa que predicaches a oposición ó Señor".


Denegueivos a chuvia cando faltaban aínda tres meses para a colleita, fixen que chovese nunha vila si e noutra non; unha leira foi regada e outra, onde non choveu, murchou.


O vencedor vaise vestir así con vestidos brancos e endexamais non borrarei o seu nome do libro da vida e responderei por el diante do meu Pai e diante dos seus anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan