Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 7:21 - Biblia SEPT

21 Todas as criaturas vivas que se moven na terra pereceron: paxaros, gandos, feras, réptiles e os mesmos homes.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 7:21
20 Iomraidhean Croise  

Deus fixo as varias especies de feras salvaxes, animais domésticos, réptiles, e parecéronlle ben.


e díxolle a Noé: —"Para min chegou a fin de todos os seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.


Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra.


Dentro de sete días farei chover sobre a terra corenta días seguidos, coas súas noites, e varrerei da face da terra os seres todos que creei".


Afogarían todos os viventes e o ser humano volvería ó po.


Estoupando, rómpese a terra; parte en anacos, estremécese toda.


Por isto a maldición devorou a terra, e son culpables os que habitan nela, por isto se consomen os habitantes da terra: queda só un pequeno resto.


Por isto reseca o país e morre de sede todo o que vive nel, o mesmo os animais salvaxes cós paxaros do ceo, e ata os peixes do mar desaparecen.


Diante del un lume devora, detrás del un incendio consome. Antes del o país era coma un xardín de recreo, despois del, un deserto desolado, onde nin sequera haberá refugallo.


Vou acabar co home e co animal, vou acabar co paxaro do ceo e co peixe do mar e coas cousas que fan descamiñar ós malvados. Si, vou arrincar o home da face da terra —é o Señor quen fala—.


e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home.


Comían e bebían e casaban eles e elas, ata o día no que Noé entrou na arca; logo veu o diluvio e acabou con todos.


Porque a creación está sometida ó fracaso; non pola propia vontade, senón polo poder daquel que a someteu, aínda que coa esperanza


Pois sabemos que toda a creación vén xemendo ata hoxe e coma con dores de parto.


Tampouco non lle perdoou ó mundo antigo senón que, cando mandou o cataclismo a aquel mundo de impíos, soamente gardou seguras a oito persoas con Noé, o pregoeiro da xustiza;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan