Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 7:11 - Biblia SEPT

11 Noé tiña seiscentos anos, e era o día dezasete do segundo mes, cando se espalancaron as fontes do abismo, en riba do firmamento, e se abriron as comportas do ceo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 7:11
27 Iomraidhean Croise  

E fixo un espazo, que arredaba as augas de enriba das de embaixo.


Eu vou mandar un diluvio —as augas— sobre a terra, para acabar coa vida toda de debaixo do ceo: perecerá canto hai na terra.


Tiña seiscentos anos cando veu o diluvio sobre a terra.


O día dezasete do segundo mes a terra acabara de secar.


Cerráronse as fontes do abismo e as comportas do ceo, e parou de chover.


O que o oficial do rei lle respondera: —"Aínda se o Señor abrise fiestras no ceo, pasaría tal cousa?" O que Eliseo respondera: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".


O oficial que daba o seu brazo ó rei para apoio replicoulle ó home de Deus: —"Aínda que abrise Deus fiestras no ceo, pasaría tal cousa?". El respondeulle: —"Halo ver cos teus ollos, pero ti non o probarás".


Se contén as chuvias, sécase todo; pero déixaas ir, e revolven a agra.


Furan galerías lonxe dos casais, carreiros esquecidos polo pé; descenden pendurados, afástanse dos homes.


Teste achegado ós mananciais do mar? Paseácheste pola canle do océano?


Quen conta sabiamente as nubes? e quen envorca as sellas do ceo


Xuntou, coma nun fol, a auga do mar, meteu en depósitos o océano.


Ti abres fontes e regachos e secas ríos caudais.


polo seu saber burbullan as fontes abismais e as nubes destilan o orballo.


E sucederá que o fuxitivo do terror caerá na cova, e quen sae do medio da cova caerá na trampa. Si, as xanelas que hai na altura féchanse e abalan os alicerces da terra.


Estoupando, rómpese a terra; parte en anacos, estremécese toda.


A min non me tedes respecto? —é o Señor quen fala—. Non tremedes ante a miña presenza? Eu son o que puxen a area de lindeiro para o mar: marxe eterna que el non traspasa; enfurécense as súas ondas, pero non son capaces, revólvense, pero non traspasan a marxe.


Un trono! El pon no ceo un fragor de augas e fai subir nubes do cabo da terra, produce os lóstregos para a chuvia, e saca o vento dos seus depósitos.


Pois así fala o meu Señor, Iavé: —Cando eu te converta en cidade asolada, coma as cidades onde xa non se habita; cando eu erga o Abismo sobre ti, e te cubran as grandes augas,


Traede todo o décimo á casa do tesouro. Para que haxa comida no meu templo. Si, poñédeme a proba —fala o Señor dos Exércitos—, para ver se eu non vos abro as comportas do ceo, para librar sobre vós a bendición ata que nada quede na miña man.


Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca;


Cando anden dicindo: "paz e seguridade", daquela caerá de súpeto sobre eles a desfeita, do mesmo xeito que lle veñen as dores á muller embarazada; e, de certo, non han de escapar.


E por isto o mundo de entón pereceu alagado na auga.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan