Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 6:9 - Biblia SEPT

9 Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 6:9
34 Iomraidhean Croise  

Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio.


Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


Esta é a historia da creación do ceo e da terra. Cando o Señor Deus fixo a terra e o ceo,


E bendiciu a familia de Xosé: —"O Deus ante quen camiñaron meus pais, Abraham e Isaac, o Deus que foi o meu pastor, desde que existo ata hoxe,


Xenealoxía da humanidade. Cando Deus creou o home, fíxoo á súa imaxe.


Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas.


Andou o camiño con Deus, e logo desapareceu, porque Deus o levou.


Tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet.


O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración.


Son sincero diante del e gárdome do pecado.


Salomón respondeulle: —"Ti trataches con moita bondade ó teu servo David, meu pai; e el portouse diante de ti con lealdade, con xustiza e con rectitude de corazón. Ti conservácheslle o teu favor, concedéndolle un fillo, que hoxe senta no seu trono.


Non desapareceron de Israel as ermidas dos outeiros, pero o corazón de Asá pertenceu integramente ó Señor durante toda a súa vida.


Fixo o que o Señor aproba, aínda que non de todo corazón.


Houbo unha vez un home na terra de Us, que se chamaba Xob. Era o tal un home íntegro e xusto, que temía a Deus e se arredaba do mal.


Díxolle Iavé a Satán: —"Xa reparaches no meu servo Xob? Home coma el non o hai no mundo, íntegro e xusto, temeroso de Deus e arredado do mal".


Mais vin ser a burla do veciño, eu, un que chamaba a Deus e El me escoitaba, o xusto e íntegro, son motivo de escarnio.


Garda a inocencia e gusta do dereito, pois para a xente de paz hai posteridade,


A salvación dos xustos vén do Señor: El é o seu refuxio no tempo da angustia.


Nembargantes o vieiro dos xustos é coma a luz do abrente e vai medrando ata o pleno día;


Abofé, non hai na terra home tan perfecto que faga sempre o ben e nunca erre.


Se estivesen no medio da cidade estes tres homes, Noé, Daniel e Xob, eles salvarían a vida por mor da súa xustiza.


Aínda que Noé, Daniel e Xob estivesen no país, xúroo pola miña vida! quen fala é o Señor, Iavé que non salvarían nin fillo nin filla, aínda que por mor da súa xustiza eles salvarían a vida.


Velaí: o temerario faise forte, o seu alento camiña con el, pero o xusto vivirá pola súa fe.


Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.


Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el,


Un home bo e honrado, chamado Xosé, que era conselleiro


Eles responderon: O capitán Cornelio, home cabal e adepto ó xudaísmo, moi estimado por toda a nación xudía, recibiu aviso dun santo anxo para que te mandase chamar á súa casa e que te escoitase.


Porque nel a xustificación de Deus revélase desde a fe e para a fe, tal como está escrito: o que é xusto pola fe, vivirá.


Ora, que ninguén se pode xustificar diante de Deus grazas á Lei, está visto: porque o que é xusto pola fe, vivirá.


Apégate completamente ao Señor, o teu Deus.


Movido pola fe, Noé, en recibindo de Deus ordes sobre cousas que aínda non se ollaban, respectuoso con Deus, construíu unha arca para salvar a súa familia; co seu exemplo de fe condenou a conduta do mundo e fíxose herdeiro da xustiza que dá a fe.


sede tamén vós, coma pedras vivas, parte da construción do templo espiritual: para os cultos dun sacerdocio santo e para ofrecer ofrendas espirituais, aceptables a Deus por medio de Xesús Cristo.


Tampouco non lle perdoou ó mundo antigo senón que, cando mandou o cataclismo a aquel mundo de impíos, soamente gardou seguras a oito persoas con Noé, o pregoeiro da xustiza;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan