Xa que mostraches o teu favor a este teu servo e me trataches con amor, salvándome a vida, mira que non vou poder chegar ata a montaña, antes de que me acade a desgraza e morra.
pero pola graza de Deus son o que son, e esa graza que fixo comigo non ficou baleira. O contrario, traballei máis ca todos eles; aínda que non precisamente eu, senón a graza de Deus que está comigo.
que foran rebeldes, cando, nos tempos de Noé, Deus, cheo de paciencia, estábaos agardando, mentres se construía a arca; dentro dela, uns poucos, en total oito persoas, salváronse pola auga;
Tampouco non lle perdoou ó mundo antigo senón que, cando mandou o cataclismo a aquel mundo de impíos, soamente gardou seguras a oito persoas con Noé, o pregoeiro da xustiza;