Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.
Cando sequen os seus xermolos, fenderanos as mulleres que anden a buscar con que prender o lume. Certo, non é un pobo intelixente, por iso o seu creador non ten compaixón del, o que o formou non ten piedade del.
Non os salvarán nin a súa prata nin o seu ouro. No día da ira do Señor, co incendio do seu celo, toda a terra será devorada: vai facer o exterminio —que terrible!— de todos os habitantes da terra.
Vou acabar co home e co animal, vou acabar co paxaro do ceo e co peixe do mar e coas cousas que fan descamiñar ós malvados. Si, vou arrincar o home da face da terra —é o Señor quen fala—.
E resultará que o mesmo que o Señor se compraceu en vós facéndovos o ben e multiplicándovos, así se compracerá tamén o Señor destruíndovos e facéndovos desaparecer, e seredes arrincados de sobre a terra, na que entrastes a tomar posesión dela.
—"Pésame ter feito rei a Xaúl, pois anda afastado de min e non cumpre as miñas ordes". Samuel entristeceuse e pasou toda a noite clamando perante o Señor.