Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 6:5 - Biblia SEPT

5 O ver o Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que todos os seus pensamentos eran só para o mal,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 6:5
24 Iomraidhean Croise  

As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.


Agradoulle ó Señor o recendo e decidiu: —"Non maldicirei a terra outra vez por mor dos homes, por máis que a súa inclinación tenda cara ó mal desde a súa mocidade. Non ferirei outra vez a todos os seres vivos, como acabo de facer.


Canto máis un ser ruín e corrompido, un mortal que bebe a maldade coma auga!


Queres seguir o vieiro antigo por onde calcaron os inicuos


Pensan os parvos para si: —"Deus non está". Corrompidos, de conduta abominable: non hai quen faga o ben.


mente que cisma en planos perversos, pernas que corren cara á maldade,


Soamente, mira ti, descubrín o seguinte: Deus, de seu, fai ó home xusto; mais son eles os que se buscan moitas complicacións.


Este é o mal que acompaña a canto acaece baixo o sol: o tocarlles a todos a mesma sorte; e xuntamente, o estar o corazón dos homes cheo de malicia, con arroutadas no maxín mentres viven e co porvir entre os mortos.


O máis persoal e propio de todo é o corazón; é o máis íntimo: quen o coñecerá?


Limpa da ruindade o teu corazón, Xerusalén, para que poidas salvarte, Por canto tempo durmirán no teu peito os plans da túa desgraza?


Díxome: Non ves, fillo de Adam, o que están a facer os anciáns da Casa de Israel na escuridade, cada un no camarín da súa imaxe? Oe o que están a dicir: "O Señor non é capaz de nos ver, o Señor abandonou o país".


Logo díxome: Entra e olla as perversas abominacións que eles están facendo aquí.


Porque do corazón proceden os malos pensamentos, os asasinatos, os adulterios, as fornicacións, os roubos, os falsos testemuños, as blasfemias.


Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home.


O que pasou no tempo de Noé pasará tamén no tempo do Fillo do Home.


A ese o Señor non lle quererá perdoar; entón si que se acenderá a ira do Señor e o seu celo contra ese home, e caerán sobre el todas as maldicións escritas neste libro e o Señor fará desaparecer o seu nome de debaixo do ceo.


Noutrora fomos tamén nós toleiráns, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo na maldade, na envexa, odiados e cheos de odio uns para os outros.


que foran rebeldes, cando, nos tempos de Noé, Deus, cheo de paciencia, estábaos agardando, mentres se construía a arca; dentro dela, uns poucos, en total oito persoas, salváronse pola auga;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan