Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 6:3 - Biblia SEPT

3 Entón dixo o Señor: —"O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 6:3
17 Iomraidhean Croise  

En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.


Ti soportáchelos durante moitos anos, o teu espírito amoestounos por medio dos profetas, mais eles non fixeron caso. Foi entón cando os entregaches nas mans dos pobos pagáns.


facendo conta de que eran carne, sopro que se vai e que non volve.


A nosa vida é de setenta anos, de oitenta a dos máis fortes; e os máis deles son de traballos e miserias: esvaecen de présa, e nós voamos.


Que máis lle puiden facer á miña viña que non llo fixera? Por que, esperando eu que dese boas uvas, deu tan só agraces?


Certo que non me querelarei sempre, nin estarei enfadado constantemente, senón o espírito languidecería lonxe da miña presenza e os viventes que eu creei.


Pero eles rebeláronse e entristeceron o seu Espírito Santo, que se volveu inimigo deles, facéndolles a guerra.


Por isto así fala o Señor: —Velaquí que eu mandarei contra eles un desastre do que non serán capaces de fuxir; a gritos pediranme axuda, pero eu non os hei escoitar.


Ben llelo declarei solemnemente ós vosos pais, desde o día en que os fixen subir do país de Exipto e ata o día de hoxe encargándolles e recomendándolles que me escoiten.


Eu baixarei e falarei contigo alí; tomarei do espírito que hai sobre ti e meteréillelo a eles, para que leven contigo o peso do pobo, e non o leves ti só.


O que naceu da carne, é carne; e o que naceu do Espírito, é espírito.


Duros de testa e incircuncisos de corazón e oídos! Vós sempre resistides o Espírito Santo! Sodes coma vosos pais.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan